Abisinia

Abisinia

Rexión do NL de África, que comprende en senso estricto o cadrante NO de Etiopía. Xeograficamente corresponde ao macizo ou altiplano etiópico, antigamente chamado de Abisinia (250.000 km2). Así mesmo, esta denominación xeográfica empregouse durante a ocupación italiana (1935-1941) para designar os territorios de Eritrea, Etiopía e Somalia. Por esta razón emprégase de xeito inapropiado para referirse ao conxunto de Etiopía e aos seus habitantes.