abisinio -nia

abisinio -nia

(< ár vulgar habxī ‘abisinio’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Abisinia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s e adx

    Natural ou habitante de Abisinia.

  3. s [HIST/ETN]

    Pobo do NL de África, que toma o nome de Abisinia. De orixe semita, no s X a C pasa do Iemen ao Corno de África onde se funde cos pobos autóctonos, se ben conservando a lingua semita. No s IV cristianizouse.

  4. s f [LING]

    Lingua abisinia.

Palabras veciñas

Abirtas | abisal | Abisinia | abisinio -nia | Abisko, parque nacional de | abismado -da | abismal