abondoso -sa

abondoso -sa

(< abondo)

  1. adx

    Que abunda ou se presenta en gran número ou cantidade.

    Ex: Chegaron abondosos libros ó colexio para completar a biblioteca.

    Sinónimos: abundante. Confrontacións: abondo.
  2. adx

    Que é dadivoso cos demais e se desprende en grandes cantidades do que posúe.

    Ex: Non podo remedialo, son abondosa de meu.

  3. adx

    Que produce en abundancia.

    Ex: A ría de Vigo foi abondosa en sardiñas.

    Sinónimos: fértil. Antónimos: estéril.

Palabras veciñas

abonar | abondar | abondo | abondoso -sa | abono | aboral | abordable