abracadabra

abracadabra

(< lat abracadabra < hebr abreq ab hâbra ‘envía o teu raio ata a morte’)

s m [LIT/ESOT]

Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea creada polo médico gnóstico Sereno Samónico no s I. Nela, os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo. O seu emprego medrou na época medieval e adquiriu un sentido máxico chegando a empregarse como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección.

Palabras veciñas

Abqayq | abra | Abrabanel | abracadabra | abracadabrante | abracar | abradias