abra
abra
(< fr havre < neerl haven‘porto de mar’)
-
s
f
[XEOG]
Depresión do relevo, que pode ser tanto de orixe erosiva coma tectónica, aproveitada como paso entre montañas.
Ex: O rabaño pasou pola abra con moitas dificultades.
Sinónimos: canón, engroba, garganta. -
s
f
[XEOG]
Entrada de mar na costa, máis pequena ca unha baía e un golfo que serve como porto para pequenas embarcacións.
Ex: As gamelas fondearon na abra.
Confrontacións: enseada, baía.