abra

abra

(< fr havre < neerl haven‘porto de mar’)

  1. s f [XEOG]

    Depresión do relevo, que pode ser tanto de orixe erosiva coma tectónica, aproveitada como paso entre montañas.

    Ex: O rabaño pasou pola abra con moitas dificultades.

    Sinónimos: canón, engroba, garganta.
  2. s f [XEOG]

    Entrada de mar na costa, máis pequena ca unha baía e un golfo que serve como porto para pequenas embarcacións.

    Ex: As gamelas fondearon na abra.

    Confrontacións: enseada, baía.

Palabras veciñas

Abovian, Khacatur | ABQ | Abqayq | abra | Abrabanel | abracadabra | abracadabrante