Abraira Cela, Carlos

Abraira Cela, Carlos

Licenciado en Medicina pola Universidade de Bos Aires (1961), traballou no Michael Reese Medical Center de Chicago. É profesor na Loyola University e xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital Hines de Chicago. Fillo do dirixente galeguista na emigración Xosé Abraira, foi o primeiro Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas (Bos Aires, 1953), membro do consello de redacción do xornal Adiante (1954-1955) e un dos promotores na capital porteña da organización Follas Novas (xullo 1957), divulgadora do libro galego. Colaborador na prensa galeguista de Bos Aires (1953-1960) e autor de Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas (1961).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bos Aires