Abraldes Rendo, Juan Carlos
Abraldes Rendo, Juan Carlos
Ilustrador. Diplomado en Artes Aplicadas. Xunto con Miguel Anxo Prado, Juan Carlos Nazabal, Imanol Zinkunegi e outros traballa no eido da animación e ilustración (Estudio Tangaraño). Entre as súas publicacións destaca un Libro de Xeografía e Historia e diversas colaboracións en revistas e xornais (Repinaldo, Santiago 7 días, Azul y Blanco). Participante en exposicións colectivas (II e III Bienal da Caricatura, Ourense; Humor Gráfico Joven y Brillante 96, Alcalá de Henares; Salón del Humor, Madrid; I Premio XIV Concurso Galego de Cómic (Xuventude 98, Ourense) e II no certame ‘Humor Gráfico’ Casa do Humor (Fene 1998).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona