Abrantes

Abrantes

Cidade do NL do distrito de Santarém, Portugal, na ribeira dereita do Texo (7.349 h [1981]). Antiga fortaleza, na actualidade é un nó de conexión por autoestrada e ferrocarril entre o litoral portugués e o interior do país e da Península Ibérica.