Abrantes, ducado de
Abrantes, ducado de
Título concedido por Filipe IV no ano 1642 ao nobre portugués Afonso de Lancaster e de Lancaster (morto no 1654), bisneto do Rei Xoán II de Portugal, primeiro marqués de Porto Seguro e de Sardoal, Xustiza Maior de Portugal e Capitán Xeneral das galeras reais, como compensación ás perdas que sufrira en Portugal ao permanecer leal ao Rei. O título pasou despois aos Carvajal, condes da Quinta de la Enjarada, e posteriormente aos Zuleta, condes de Belalcázar.