Abrente
Abrente
Publicación editada en 1940 pola Casa de Galicia de Bos Aires, co subtítulo de “Revista Galega”. Contou coas colaboracións de Victoriano Taibo, Prieto Marcos, Buxán Rivas, Eduardo Blanco Amor e Johán G. Francisco. Incluíronse, xunto con fotos e ilustracións, artigos sobre Alexandre Bóveda, a visita de Castelao á entidade no 25 de xullo e un Itinerario lírico da poesía galega de Emilio Pita.