abreviatura

abreviatura

(< lat abbreviatura)

Representación dunha palabra ou dunha expresión por medio dalgunha das súas letras. A súa orixe hai que buscala no xeito simbólico de representar os nomes sagrados (nomina sacra), polo que se pode dicir que tivo unha orixe relixiosa; posteriormente, introducíronse outras abreviaturas para economizar o espazo e aforrar papiro ou pergamiño. Na Idade Media, nun intento de conseguir velocidade na escritura, inventouse o sistema taquigráfico chamado notas tironianas, que se empregou para representar as palabras que aparecían con máis frecuencia; paralelamente, introducíronse as notæ iuris. Estes sistemas combináronse co de abreviaturas por suspensión, que deixa as palabras inacabadas (a. C.: ante Christum; etc.: etcétera) e o de abreviaturas por contracción, supresión de letras no interior dunha palabra (Sra.: señora; Excmo.: excelentísimo). A abreviatura indicábase cunha raia, xeralmente plana, aínda que se podían ofrecer outras variantes. Os impresores dos incunables e os do século XVI imitaron as abreviaturas dos manuscritos, sen embargo, a facilidade do novo sistema de impresión para multiplicar as tiraxes e a claridade esixida polos lectores fixo que no s XVII desaparecesen case totalmente dos textos literarios.

TIPOS DE ABREVIATURAS:
Regulares: Consiste en suprimir a parte última dun termo moi utilizado nun texto (