abrigar

abrigar

(

  1. v t

    Gorecer do frío ou das severidades do tempo.

    Ex: As cortes abrigaban o rabaño nos días crus de inverno.

    Sinónimos: abeirar, amparar, resgardar.
  2. v pron

    Protexerse do frío e das malas condicións meteorolóxicas.

    Ex: Abrigáronse da chuvia baixo o balcón da casa.

  3. v t [MAR]

    Poñer unha embarcación ao abrigo.

    Ex: Ó chegar do mar abrigaron as gamelas no porto.

  4. v t [AGR]

    Resgardar as cepas e os abrollos para darlles estabilidade e abrigo ás raíces.

    Ex: Perderon toda a colleita de albariño por non abrigar as videiras a tempo.

  5. v t

    Ter esperanzas, sospeitas ou desexos de que algo se cumpra.

    Ex: Despois de dous anos aínda abrigaban a ilusión de que a sorte lles chegase á porta.

Frases feitas

  • Abrigar dúbidas/sospeitas. Dubidar ou sospeitar algo.

  • Abrigar o estómago. Comer algo, normalmente algo quente.

Conxugar
VERBO abrigar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigo
abrigas
abriga
abrigamos
abrigades
abrigan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigaba
abrigabas
abrigaba
abrigabamos
abrigabades
abrigaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abriguei
abrigaches
abrigou
abrigamos
abrigastes
abrigaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigara
abrigaras
abrigara
abrigaramos
abrigarades
abrigaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigarei
abrigarás
abrigará
abrigaremos
abrigaredes
abrigarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigaría
abrigarías
abrigaría
abrigariamos
abrigariades
abrigarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigue
abrigues
abrigue
abriguemos
abriguedes
abriguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigase
abrigases
abrigase
abrigasemos
abrigasedes
abrigasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigar
abrigares
abrigar
abrigarmos
abrigardes
abrigaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abriga
-
-
abrigade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrigar
abrigares
abrigar
abrigarmos
abrigardes
abrigaren
Xerundio abrigando
Participio abrigado
abrigada
abrigados
abrigadas