abrigo
(< lat aprīcu ‘soleado,defendido do frío’)
-
s
m
Lugar onde se está a cuberto das inclemencias do tempo.
Ex: A causa do mal tempo precisaron buscar un abrigo para pasar a noite.
Sinónimos: abeiradoiro, abeiro, abrigadoiro, aconchego, acubillo, refuxio. -
s
m
[INDUM]
Peza de vestir que ten mangas, máis ou menos cinguida ou ampla, que chega por riba ou por baixo dos xeonllos, en determinados casos ata os pés e, en xeral, abotoada por diante.
-
s
m
[MAR]
Lugar da costa onde as embarcacións se poden poñer a cuberto do vento, do mar ou das correntes.
Ex: Polo serán chegaron as dornas buscando o abrigo do porto.
-
s
m
[GAN]
Lugar resgardado dalgúns fenómenos meteorolóxicos que serve para a protección do gando que está no pasto.
-
abrigo meteorolóxico
[METEOR]
Recinto en forma de caixa que protexe algúns instrumentos meteorolóxicos (termómetro de máxima e mínima, termógrafo, psicrómetro e outros) da insolación directa, da reverberación do terreo e das paredes, da chuvia e do vento para obter a temperatura e humidade veraces do aire, á sombra.
-
abrigo rochoso
[ARQUEOL]
Emprazamento baixo rocha, protexido por esta sen chegar a constituír unha cova. Adoitan ser lugar de asentamento das comunidades que cazan e recolleitan. En ocasións empregáronse para a realización de gravados ou pinturas rupestres.
Frases feitas
-
Estar ao abrigo de/poñer ao abrigo de. Resgardado baixo a protección de algo ou dalgunha persoa.
Refráns
- Bo abrigo contra o frío é estar ben comido e ben bebido.
- Ó boi vello non lle busques abrigo, búscallo ao becerriño.
- Por moito sol que faga, non deixes a capa na casa.
- Se chove, deixa chover; se orballa, deixa orballar; que, en tendo ti un abriguiño, ben te podes abrigar.