acubillo
(
-
s
m
Acción e efecto de acubillar.
Ex: O concello proporcionoulle acubillo os inmigrantes.
Sinónimos: protección. -
s
m
Lugar onde algo ou alguén pode poñerse ao abrigo ou protexerse dun perigo, das inclemencias do tempo, etc.
Ex: Ó morreren seus pais buscou o acubillo da súa familia.
Sinónimos: abeiradoiro, abeiro, abrigadoiro, abrigo, aconchego, amparo, refuxio, amparo. -
s
m
[ARQUEOL]
Conxunto de pezas, agochadas de tal xeito, que se pode supoñer que se ocultaron de forma intencionada. En Galicia os acubillos que se consideran tal están constituídos, sobre todo, por obxectos metálicos pertencentes a distintas épocas. As pezas atopadas nos acubillos adoitan considerarse características do contexto arqueolóxico no que se insire o depósito: os machados de talón estarían depositados na Idade do Bronce final, a ourivería na época castrexa e os numismas na romana. O atesouramento de obxectos de valor que semella terse levado a cabo durante certas épocas, sobre todo numismáticos a partir da moedarización, considérase adoito motivado por razóns de inseguridade, crises políticas e económicas, inflación, devaluamento ou, sinxelamente, gusto coleccionista.
Confrontacións: alfaia, xoiería.