aconchego

aconchego

(< aconchegar)

  1. s m

    Acción e efecto de aconchegar ou aconchegarse.

    Sinónimos: achegamento, aproximación, arreconchego. Antónimos: afastamento, arredamento.
  2. s m

    Amparo ou protección do frío, das inclemencias do tempo e doutros factores negativos.

    Ex: O can buscou aconchego ó carón da súa dona.

    Sinónimos: abeiradoiro, abeiro, abrigadoiro, abrigo, acubillo, refuxio.
  3. s m

    Convivencia de dúas persoas sen estar casadas.

    Ex: O seu pai non lle perdoou o seu aconchego e nunca máis lle falou.

    Sinónimos: amancebamento.