Abril
Abril
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Aprīlis, -is ‘abril’. Os romanos dábanlle este nome aos fillos nados neste mes. Antano, foi un nome masculino frecuente en Galicia aínda que logo decaeu notablemente o seu uso. Na nosa lírica medieval destaca con este nome Abril Perez, trobador do s XIII.