ABS, resinas

ABS, resinas
[QUÍM/IND]

Clase de resinas termoplásticas obtidas por copolimerización de acrilonitrilo, butadieno e estireno en distintas proporcións, amplamente empregadas para moldear pezas industriais. De custo moderado, son duras, ríxidas e moi resistentes ao choque, á vez que amosan propiedades eléctricas favorables. Resisten os aceites e a maioría de disolventes e produtos químicos. Empréganse para a fabricación de automóbiles e electrodomésticos.

Palabras veciñas

ABS | ABS | Abs, Hermann Joseph | ABS, resinas | absceso | abscindir | abscisa