absceso

absceso

(< lat abscessu ‘afastamento,tumor’ < lat abscendere ‘separarse’)

  1. s m [BOT]

    Acumulación dunha secreción anómala nos troncos ou nas pólas das árbores.

  2. s m [PAT]

    Acumulación delimitada de pus nun tecido orgánico por mor dunha infección bacteriana. Os abcesos localizados nas rexións superficiais maniféstanse por unha tumoración dolorosa, quente, vermella e de consistencia renitente ou flutuante. Adoitan manifestarse tamén acompañadas doutros síntomas xerais, como febre, malestar, inapetencia, leucocitose. Nas localizacións profundas, como o fígado, o pulmón, o peritoneo e outros, o cadro vén determinado xeralmente polos síntomas clínicos xerais.

  3. absceso de fixación [PAT]

    Absceso provocado medicamente mediante a inxección subcutánea dunha substancia intensamente irritante; en xeral, esencia de trementina. Antigamente se empregaba como tratamento coadxuvante nas septicemias e, máis a miúdo, para conseguir a inmobilización de enfermos psiquiátricos axitados ou perigosos.

  4. absceso urinario [PAT]

    Impropiamente, infiltración de ouriños.