absorber

absorber

(< lat absorbēre)

Nome científico: [d p: absorbido, absorto]
  1. v t

    Penetrar e reter un corpo na súa masa a outro, que se atopa en estado líquido ou gasoso, cando ambos están en contacto.

    Ex: A esponxa que compramos onte non é boa porque non absorbe ben.

    Confrontacións: zugar.
  2. v t

    Atraer unha cousa a outra cara ao seu interior, provocando unha corrente de aire.

    Ex: O extractor absorbeu todo o fume que produciu a cociña de ferro.

    Sinónimos: aspirar.
  3. v t

    Ocupar ou reter a atención de alguén por enteiro.

    Ex: A súa actividade teatral absórbeo por completo.

  4. v t

    Incorporar ou anexionar unha entidade de calquera tipo a outra que soe ter menos importancia.

    Ex: A multinacional galega conserveira absorbeu varias empresas comarcais de carácter familiar.

  5. v pron

    Entregarse completamente a algo abstraéndose do mundo exterior.

    Ex: Cando se absorbe no seu universo imaxinario, os seus ollos desprenden unha intensa e atraente luz.

  6. v t

    Facer desaparecer ou consumir por completo unha cousa como se se engulira.

    Ex: O xogo absorbeu a súa fortuna en menos dun ano.

  7. v t [FÍS]

    Soportar un esforzo, un sistema mecánico, sen que apareza deformación permanente.

  8. v t [FÍS]

    Atenuar a intensidade dun feixe de partículas ou radiacións ao atravesar certas substancias.

  9. v t [FÍS]

    Consumir enerxía un sistema.

Conxugar
VERBO absorber
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorbo
absorbes
absorbe
absorbemos
absorbedes
absorben
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorbía
absorbías
absorbía
absorbiamos
absorbiades
absorbían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorbín
absorbiches
absorbeu
absorbemos
absorbestes
absorberon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorbera
absorberas
absorbera
absorberamos
absorberades
absorberan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorberei
absorberás
absorberá
absorberemos
absorberedes
absorberán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorbería
absorberías
absorbería
absorberiamos
absorberiades
absorberían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorba
absorbas
absorba
absorbamos
absorbades
absorban
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorbese
absorbeses
absorbese
absorbesemos
absorbesedes
absorbesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorber
absorberes
absorber
absorbermos
absorberdes
absorberen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
absorbe
-
-
absorbede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
absorber
absorberes
absorber
absorbermos
absorberdes
absorberen
Xerundio absorbendo
Participio absorbido
absorbida
absorbidos
absorbidas