absorbente
(< absorber)
-
adx
Que absorbe con facilidade pola súa textura ou composición.
Ex: A baeta absorbeu toda a auga que caeu enriba da mesa.
-
adx
Que trae cara a si.
-
adx
Que precisa moita atención e tempo para si.
Ex: Miña avoa é tan absorbente que non me deixa facer nada. Ten un traballo moi absorbente e non ten tempo para divertirse.
-
s
m
[FÍS]
-
Substancia capaz de deter e retardar partículas elementais en movemento.
-
Substancia capaz de capturar neutróns, sen xerarse doutras, utilizada para controlar a potencia dun reactor nuclear e como material de protección contra fontes de neutróns. O boro e o cadmio son os absorbentes de electróns máis empregados.
-
-
s
m
[QUÍM/MED]
Medicamento ou substancia que absorbe produtos nocivos, como a creta e a magnesia, empregadas para absorber ou neutralizar os ácidos do estómago cando houbo unha secreción excesiva, ou como o algodón hidrófilo, que é un absorbente de líquidos purulentos.
-
poder absorbente
[FÍS]
Capacidade de absorción.