absorbente

absorbente

(< absorber)

  1. adx

    Que absorbe con facilidade pola súa textura ou composición.

    Ex: A baeta absorbeu toda a auga que caeu enriba da mesa.

  2. adx

    Que trae cara a si.

  3. adx

    Que precisa moita atención e tempo para si.

    Ex: Miña avoa é tan absorbente que non me deixa facer nada. Ten un traballo moi absorbente e non ten tempo para divertirse.

  4. s m [FÍS]
    1. Substancia capaz de deter e retardar partículas elementais en movemento.

    2. Substancia capaz de capturar neutróns, sen xerarse doutras, utilizada para controlar a potencia dun reactor nuclear e como material de protección contra fontes de neutróns. O boro e o cadmio son os absorbentes de electróns máis empregados.

  5. s m [QUÍM/MED]

    Medicamento ou substancia que absorbe produtos nocivos, como a creta e a magnesia, empregadas para absorber ou neutralizar os ácidos do estómago cando houbo unha secreción excesiva, ou como o algodón hidrófilo, que é un absorbente de líquidos purulentos.

  6. poder absorbente [FÍS]

    Capacidade de absorción.

Palabras veciñas

absorbedor -ra | absorbefaciente | absorbencia | absorbente | absorber | absorbible | absorbido -da