Abuín
Abuín
Afluente do Xallas pola esquerda. Nace co nome de Rego da Illa no lugar de Pedra Penedo (460 m de alt), na parroquia de San Fiz de Freixeiro (Santa Comba). Pasa logo pola parroquia de Ser e adéntrase no concello da Baña pola de Ermida, volvendo ao de Santa Comba por Alón. Desemboca no lugar de Tapia (304 m de alt).