Temas

Vea

Afluente do río Ulla pola esquerda que nace na parroquia de Portela (Cuntis) e desemboca na de Couso (A Estrada).

Más >
Zarzo

Afluente do Mandeo pola dereita, que nace na parroquia de Verís (Irixoa) e desemboca na de San Xulián de Vigo (Paderne).

Más >
Juruá

Afluente do Amazonas pola dereita, ao NL de Perú e NO de Brasil. Nace en Perú e atravesa as terras de Brasil para desembocar no curso superior do Amazonas logo dun curso de 1.920 km.

Más >
Rao

Afluente pola dereita do río Ulla, que nace na serra de Ligonde e drena a parroquia de Bidouredo (Monterroso).

Más >
Ribadil

Afluente pola dereita do río Miño que nace na parroquia de Oroso (A Cañiza), baña as do Couto (A Cañiza) e Vilar (Crecente) e desemboca na de Ribeira (Crecente).

Más >
Ourille

Afluente pola esquerda do río Arnoia. Nace na parroquia de Portela (Verea), fai fronteira natural cos concellos da Bola e Celanova, e desemboca no de Barxa (Celanova).

Más >
Sar

Afluente pola dereita do río Ulla que nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela), baña as de Sar, Conxo e Laraño, as tres en Santiago de Compostela, a de Ortoño (Ames), e a de Ribasar e Seira (Rois), e desemboca da parroquia de Iria Flavia (Padrón), despois de bañar a parroquia de Padrón. Os seus principais afluentes son o Sarela, o Fontecova, o Sanín, o Vilar e o Costaneira.

Más >
Salgueiro

Afluente pola esquerda do río Eume, que nace e desemboca na parroquia de San Simón da Costa (Vilalba).

Más >
Lobezán

Afluente pola esquerda do río Deza, que nace no monte Caixeira na parroquia de Lebozán e desemboca na de Doade (Lalín).

Más >
Reigosa

Afluente do río Lérez pola esquerda que nace na parroquia de Xustáns (Ponte Caldelas) e desemboca na de Xeve (Pontevedra).

Más >
Loading