acabado -da
(< acabar)
-
p reg
de acabar.
-
adx
Dise daquilo ao que xa non lle falta nada para rematalo.
Ex: O proxecto de urbanismo do concello aínda non está acabado.
-
adx
Que presenta un aspecto gastado ou desmellorado provocado polo uso que se lle deu.
Ex: Ese chaleco de flores xa vai acabado.
-
adx
Persoa que por algunha causa (paso dos anos, enfermidade, etc) perdeu as ansias de vivir.
Ex: Aínda que segue a loitar contra a súa enfermidade, nós vémolo acabado.
-
adx
Persoa que xa non ten sorte ou perdeu as facultades que posuía para desempeñar un determinado traballo.
Ex: A súa vida como político está acabada dende que prevaricou na empresa do seu irmán.
-
s
m
Aspecto final ou último retoque que se lle dá a unha obra ou traballo calquera para que quede ben rematado e sen fallas.
Ex: O acabado deste moble é impecable.
-
s
m
[CONSTR/DEC]
Conxunto de tarefas que cómpre executar ao final dunha obra: colocación de vidros, molduras e adornos, pintura, metais decorativos, etc.
Ex: Viñeron os albaneis para realizar o acabado do apartamento e poder entregalo o antes posible.
-
s
m
[IND]
Conxunto de operacións ás que se somete un artigo, unha vez lista a súa fabricación propiamente dita, co fin de facelo comercialmente axeitado e darlle a presentación e as características definitivas.
-
s
m
[IND]
Operacións que eventualmente se efectúan sobre o papel que xa saíu da máquina: sobrecalandrado, rebobinado para a expedición, corte transversal, desbarbe e corte na medida exacta, contado e inspección das follas, e embalaxe.
-
s
m
[IND]
Cada un dos procesos, de acción eminentemente física (calor, humidade, presión, percusión ou rozamento), ao que se someten os produtos téxtiles dende a obtención da súa estrutura básica (fiado, tecido, peza de vestir, etc) ata que presentan o estado necesario para a venda ou para o uso final.
-
s
m
[IND]
Operacións que eventualmente se efectúan sobre as pezas despois do seu moldeado: mecanización, tratamento con pedra pómez e pulimento, metalización ao baldeiro, pintura, etc. Gracias a elas, adquire as características de forma, dimensión, superficie e aspecto, axeitadas á función que ten que cumprir.
-
s
m
[IND]
En senso amplo, todas as operacións complementarias do adobo. Nun senso restrinxido e máis axeitado, só referido ás operacións finais, feitas polo zurrador, que afectan sobre todo á apariencia externa ou ben a algunha calidade relativamente accesoria dos coiros.
-
produtos de acabado
[IND]
Substancias empregadas para o acabado dun artigo, especialmente téxtil ou de coiro.
-
obradoiro ou taller de acabado
[IND]
Nunha fábrica, lugar onde se realizan as operacións de acabado.
-
capa de acabado
Nos recubrimentos de varias capas, derradeira man de pintura ou de verniz.
Frases feitas
-
Estar acabado dos anos/ir acabadiño. Ir cara á vellez.