Acacia

Acacia

(< gr ἀκακία ‘inocencia,bondade’)

[PLANTA]

Xénero de árbores e arbustos da familia das mimosáceas, de follas bipinnadas (mimosa) ou filodios (acacia), e flores en espigas cilíndricas moi pequenas, pentámeras e con numerosos estames longos. Son propios do hemisferio sur, principalmente de Australia e Tasmania. En Galicia, igual que no resto de Europa, cultívanse para uso ornamental, para a consolidación de solos e para madeira, e aparecen tamén como especies naturalizadas.