acacia
acacia
(< lat acacĭa < gr ἀκακία ‘inocencia, bondade’)
s
f
[PLANTA]
Árbore ou arbusto do xénero Acacia, de follas bipinnadas nas plantas novas que son substituídas por filodios máis tarde. En Galicia atópanse tres especies: A. longifolia, naturalizada no litoral meridional, frecuentemente en sistemas dunares e empregada como ornamental, de ata 7 m de altura e coa inflorescencia cilíndrica e delgada de cor amarela que nace na axila do filodio; A. melanoxylon, naturalizada na metade occidental, de ata 35 m de altura e coa inflorescencia de glomérulos brancos; e A. retinoides, empregada en xardinería, de ata 9 m de altura e cos filodios estreitos e longos e as inflorescencias laxas de glomérulos florais amarelos.