acaloramento

acaloramento

(< acalorar)

  1. s m

    Acción e efecto de acalorar ou acalorarse.

    Ex: Replicou cun grande acaloramento porque xa estaba farta de oír impertinencias.

    Sinónimos: excitación.
  2. s m [PAT]

    Conxestión periférica, sobre todo da cara, causada por unha insolación, por un exercicio excesivo, por un estado febril, ou no medio dunha discusión.

    Ex: Non podía disimular o acaloramento ó subir da praia.

Palabras veciñas

acalmado -da | acalmar | acalorado -da | acaloramento | acalorar | acaloumiño | acamallo