acantáceo -a
acantáceo -a
(< acanto- + -áceas < lat acanthu + f pl -āceae)
-
adx
[BOT]
Relativo ou pertencente ao acanto.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das acantáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas herbáceas ou arbustivas da orde escrofulariais, integrada por uns 250 xéneros que comprenden unhas 2.500 especies tropicais ou subtropicais resistentes á secura, semiacuáticas e gabeadoras. Moitas son cultivadas como plantas ornamentais. A esta familia pertence o acanto.