acantario

acantario
  1. s m [PROTISTA]

    Protozoo da orde dos acantarios.

  2. s m pl [PROTISTA]

    Orde de protozoos actinópodos, provistos dun esqueleto formado por 10 ou 20 espículas radiais de sulfato de estroncio, sempre unidas no centro do corpo. Teñen ectoplasma, de onde saen os pseudopodios, e endoplasma, que contén o núcleo e as vacuolas alimentarias. Posúen unha formación especial que recibe o nome de cápsula central e que ten unha serie de orificios que corresponden a cada unha das espículas radiais. Todos son mariños planctónicos e aliméntanse de fitoplancto. O xénero máis característico é Acanthometra.

Palabras veciñas

acanizar | acant(o)- | acantáceo -a | acantario | acantazar | Acanthobdella | Acanthoceras