accésit
accésit
(< lat accesit 3 pers sing perfectode accedĕre ‘achegarse’)
-
s
m
Denominación que designa aquelas obras que, sen merecer premio nun certame ou concurso literario, científico ou artístico, son destacadas cun galardón para diferencialas doutras obras presentadas. Na literatura galega temos o exemplo do accésit acadado por Francisco Añón nos primeiros Xogos Florais modernos (A Coruña, 1861), co poema A Galicia.
Ex: Estou seguro de que conseguirás un accésit na modalidade de canto.
-
s
m
[DER/RELIX]
Oportunidade dada aos cardeais, no proceso de elección papal, de transferir os seus votos a un candidato que non obtivo o número de votos suficiente, as dúas terceiras partes do total.