accesible
accesible
(< lat accessibĭle‘practicable, intelixible’)
-
adx
Dise do lugar ao que se pode chegar facilmente.
Ex: Temos que atopar un camiño accesible para chegar ao cume.
Antónimos: inaccesible. -
adx
Persoa que ten un trato doado.
Ex: Xiana é unha persoa moi accesible e sempre se pode contar con ela.
Sinónimos: afable, sociable. Antónimos: inaccesible. -
adx
Doado de entender e comprender.
Ex: A conferencia dada polo profesor foi accesible para a maioría do auditorio.
Antónimos: inaccesible. -
adx
Que pode ser facilmente asumido por alguén.
Ex: Aceptou o reto, resultoulle accesible e acadou beneficios monetarios.
Antónimos: inaccesible.