accesible

accesible

(< lat accessibĭle‘practicable, intelixible’)

  1. adx

    Dise do lugar ao que se pode chegar facilmente.

    Ex: Temos que atopar un camiño accesible para chegar ao cume.

    Antónimos: inaccesible.
  2. adx

    Persoa que ten un trato doado.

    Ex: Xiana é unha persoa moi accesible e sempre se pode contar con ela.

    Sinónimos: afable, sociable. Antónimos: inaccesible.
  3. adx

    Doado de entender e comprender.

    Ex: A conferencia dada polo profesor foi accesible para a maioría do auditorio.

    Antónimos: inaccesible.
  4. adx

    Que pode ser facilmente asumido por alguén.

    Ex: Aceptou o reto, resultoulle accesible e acadou beneficios monetarios.

    Antónimos: inaccesible.

Palabras veciñas

acceder | accelerando* | accesibilidade | accesible | accesión | accésit | acceso