accesión

accesión

(< lat accessiōne ‘actode achegarse’)

  1. s f

    Acción e efecto de acceder.

  2. s f [DER]

    Dereito que ten o propietario dunha cousa de facer seu todo o que esta produza (accesión discreta) e todo o que lle é incorporado natural ou artificialmente (accesión continua). A accesión discreta ou por produción non está considerada pola doutrina como un auténtico suposto de accesión. Na accesión continua, polo que se refire aos bens inmobles, cómpre distinguir a accesión artificial, bens derivados do traballo do home, e a accesión natural que presenta diferentes supostos: aluvión, avulsión, mutación do leito dun río, formación de illa. Nos bens mobles distínguense a adxunción, a conmistión e a especificación.

  3. s f [DER/RELIX]

    otación obrigatoria que se leva a cabo durante o proceso de elección papal cando ningún dos candidatos obtivo as dúas terceiras partes dos votos precisos na votación ordinaria para ser elixido Papa. A finalidade desta nova votación é dar a posiblidade aos cardeais que apoiaron ao candidato menos votado para que transfiran o seu voto a un dos candidatos restantes.

  4. accesión a un tratado [DER]

    Adhesión dun estado a un tratado asinado por outros estados.

Palabras veciñas

accelerando* | accesibilidade | accesible | accesión | accésit | acceso | accesorio -ria