accesorio -ria
(< acceso)
-
adx
Que acompaña ou depende do principal ou que se une ao principal por accidente.
Ex: El só quería a tranquilidade de espírito, o resto era accesorio.
-
s
m
Anexo ou complemento dunha cousa que non constitúe o corpo principal.
Ex: Necesito un aparello accesorio do motor para arranxalo.
-
[DER]
-
s
m
Obxecto (normalmente con carácter instrumental) ou dereito que acompaña a outro principal, do que depende a súa existencia.
-
obriga accesoria
Obriga que pola súa existencia presupón outra principal, da que depende, que, normalmente, ten a función de asegurar o seu cumprimento ou completala nos seus efectos.
-
pena accesoria
Pena que acompaña necesariamente á pena principal por disposición da lei.
-
s
m
-
s
m
[DEC]
Cada un dos pequenos elementos ou detalles que completan o paramento da decoración, usados especialmente a efectos de composición.
-
s
m
[ESPECT]
Cada un dos aparellos que empregan os artistas do circo para presentar os seus números.
-
[IND/ARTE]
-
s
m
Elementos engadidos a unha cámara fotográfica para mellorar a calidade das fotografías ou para introducir efectos especiais.
-
accesorios de achegamento
Elementos, como os lentes de aproximación e obxectivos macro, que permiten alterar a lonxitude focal, empregados para traballos de cerca e primeiros planos.
-
bolsa de accesorios
Peza de plástico ou pel na que se gardan todos aqueles elementos accesorios que melloran o emprego da cámara fotográfica, como modelos de lentes e obxectivos, distintos tipos de película, etc.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Aplicación ou aparello informático destinada a complementar algún programa ou a ampliar as posibilidades de traballo dun equipo.
-
s
m
[TECNOL]
-
Dispositivo que se monta nunha máquina para modificar o seu funcionamento básico, aumentar o seu rendemento, ou variar o seu uso.
-
Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar o seu funcionamento.
-
Impropiamente, peza de recambio.
-
-
s
m
[INDUM]
Aquela peza e adorno que acompaña as prendas, que pode ser ornamental (colares, pulseiras, panos) ou funcional (medias, luvas, bolsos, zapatos, sombreiros), xogando un papel importante no comportamento e na presentación do vestido.
-
palabra accesoria
[LING]
Unidade lingüística morfoloxicamente independente, cunha significación que só aparece en combinación con outras unidades, adoitando por isto ser incapaz de presentarse soa nunha comunicación axeitada. En galego atopamos accesorios como poden ser e, de, mais, etc, polo xeral preposicións e conxuncións, artigos que presupoñen sempre un contexto.
-
mineral accesorio
[XEOL]
Mineral que se atopa formando parte dunha rocha en pequenas cantidades e que pode proporcionar información sobre a súa xénese.