acceso
(
-
s
m
Acción e efecto de acceder.
-
s
m
Lugar ou paso empregado para entrar nun sitio.
Ex: O corredor dá acceso ós cuartos.
Sinónimos: entrada. -
[INFORM]
-
s
m
Acción e efecto de acceder a unha aplicación informática ou a un documento xerado por ela; a un aparello informático ou unha parte do mesmo; e mesmo a unha rede ou un servizo ofrecido a través dela. Por exemplo, moitas páxinas web na Internet son de acceso gratuíto.
-
acceso aleatorio
Operación de almacenamento e recuperación de datos na que o sistema recorre directamente á memoria conforme a un parámetro preestablecido.
-
acceso directo
Xeito de recuperar un rexistro ou dato indo directamente a onde está, como CD-ROM, disquete, un directorio, carpeta ou documento, sen necesidade de pasar por aqueles que o preceden, como había que facer empregando unha cinta magnética. Tamén se denomina así un proceso no cal os periféricos dun ordenador acceden á memoria destes sen control da Unidade Central de Proceso.
-
acceso remoto
Entrada nunha rede local a través dunha conexión vía módem ou por medio doutra rede.
-
acceso secuencial
Xeito de localizar un rexistro ou dato que obriga a facer unha lectura consecutiva de toda a información que o preceda, como no caso das cintas de casete ou vídeo.
-
acceso universal
Concepto que no sector das telecomunicacións implica que todas as persoas que desexen acceder a un servizo o fagan ao mesmo prezo, independentemente da zona xeográfica dende a que o soliciten.
-
s
m
-
s
m
[PAT]
Ataque físico ou moral que se manifesta repentinamente.
Ex: Non soportou máis o seu cinismo e tivo un acceso de nerviosismo.
-
acceso delirante
[PAT]
Fenómeno psiquiátrico caracterizado pola aparición brusca dun cadro de delirio.
-
acceso forzoso
[DER]
Obriga que en determinados casos ten o propietario dunha leira de dar paso.
-
acceso ó mar
[DER]
Posibilidade, recoñecida ou non como un dereito, para un estado ou para os seus cidadáns, de acceder ao mar a través do territorio doutro estado.
-
limitacion de acceso
[DER/COMUN]
Regulamentación do acceso a un camiño principal segundo a cal ten sempre preferencia o tránsito que por el circula.
-
s
m
[TECNOL]
Porta ou trapela que permite chegar a algunha instalación ou máquina, a cotío inaccesible, para poder inspeccionala ou mantela en correcto estado de funcionamento.