accidente
(< lat accidente ‘casofortuíto, desgracia’ < accidere ‘suceder’)
-
s
m
Acontecemento imprevisto que vén romper o curso regular das cousas.
Ex: A representación da obra de teatro estivo chea de accidentes, entre eles a caída aparatosa de Lela, unha das protagonistas.
Sinónimos: contratempo. -
-
s
m
Acontecemento fortuíto ou imprevisto do que resulta un dano.
Ex: O mes pasado tiven un accidente e aínda estou indo a rehabilitación.
-
accidente de circulación p ext
Accidente producido na vía pública con intervención dun ou máis vehículos.
Ex: Lara tivo un accidente co coche na volta do Foxo.
-
accidente de traballo
[DER]
Toda lesión corporal que un traballador por conta allea sofre en ocasión ou como consecuencia da tarefa que executa. Diferénciase da enfermidade profesional polo feito de que se presenta dun xeito súpeto. Para que un accidente de traballo quede protexido pola seguridade social cómpre que entre o traballador e máis a empresa haxa un contrato de traballo verificable e que exista unha relación de causa-efecto entre o traballo que se realiza e o accidente sobrevido. Non se considera truncada a relación de causalidade aínda que o accidente sexa debido á imprudencia profesional do traballador ou por culpa dunha terceira persoa.
-
s
m
-
accidentes do delito
[DER]
Circunstancias que aumentan ou diminúen a responsabilidade ou culpabilidade.
-
s
m
[FILOS]
Carácter non esencial nin necesario dun ser, que pode subsistir fóra del e que pode estar ou non sen que troque a natureza do ser.
-
s
m
accidente gramatical
[LING]
Inflexión que sofre unha palabra para expresar as diferentes categorías gramaticais. En galego son accidentes gramaticais o xénero e o número na flexión nominal e o modo, o tempo, o número e a persoa na verbal. Subsisten só algúns restos dos casos, nos pronomes persoais e tamén da voz pasiva latina.
-
s
m
[MÉD]
Ataque apopléctico.
-
accidente vascular cerebral
[PAT]
Definición xenérica das diversas patoloxías que dan lugar a unha alteración súpeta da irrigación do encéfalo e que comportan lesións neurolóxicas, entre as que se inclúen a embolia, a trombose e a hemorraxia cerebral.
-
s
m
[MÚS]
Cada un dos signos que, postos diante dunha nota, a modifican. Postos despois da armadura, modifican a altura dunha nota ao longo de toda a composición.
-
s
m
[RELIX]
Figura, cor ou olor que fica do pan e do viño despois da consagración eucarística.
-
accidentes do litoral
[XEOG]
Formas que xorden na costa como resultado dos procesos tectónicos ou, principalmente, de erosión e depósito.
-
accidentes do relevo
[XEOG]
Toda forma do relevo, é dicir, das alteracións na disposición normal dos elementos do terreo.
Frases feitas
-
Por accidente loc adv m Por casualidade, por causa fortuíta.