accidentalismo

accidentalismo

(< accidental)

  1. s m [MED]

    Sistema médico baseado exclusivamente nos síntomas.

  2. s m [POLÍT]

    Corrente política que non xulga esencial a forma de goberno, de aí que non a considere motivo de loita política. Para o accidentalismo o fundamental é o contido que se lle dá á forma de goberno; calquera contido é posible en calquera forma de goberno. No estado español adoptárono as forzas reformistas da Restauración (os posibilistas de Castelar ou o Partido Reformista de Melquíades Álvarez), parte da dereita na Segunda República (CEDA) e case todas as forzas democráticas no período 1975-1977, durante a transición política dende o franquismo, ao aceptaren a monarquía de Xoán Carlos I de Borbón coa condición de que adoitara un contido democrático e parlamentario.

Palabras veciñas

Acciaiuoli, Nicolo | accidentado -da | accidental | accidentalismo | accidentalista | accidentar | accidente