accidental
accidental
(< lat accidentāle‘accesorio’)
-
adx
Que acontece fóra do curso regular das cousas, por casualidade.
Ex: Coñecéronse de xeito accidental na consulta dun médico.
Sinónimos: casual. -
adx
Non esencial.
Ex: As razóns que ti presentas son accidentais no asunto da lectura do testamento.
-
adx
Aplícase xeralmente a un cargo exercido de forma provisional.
Ex: É o presidente accidental da empresa.
-
mineral accidental
[XEOL]
Mineral, inclusión ou cristal que normalmente non forma parte dunha rocha, pero que ás veces se atopa nela accidentalmente.