accidentado -da

accidentado -da

(

  1. p reg

    de accidentar.

  2. adx

    Que presenta accidentes.

    Ex: A zona da Capelada é moi accidentada e presenta uns cantís impresionantes.

    Sinónimos: irregular.
  3. s

    Persoa que sufriu un accidente.

    Ex: Só houbo un accidentado de gravidade.

  4. adx

    Que presenta alteracións.

    Ex: Está pasando por unha época de transición e leva unha vida bastante accidentada.

  5. s f [FILAT]

    Marca colocada nas cartas deterioradas durante o transporte do correo ao chegaren á oficina de destino.

Palabras veciñas

acciaccatura* | Acciaiuoli | Acciaiuoli, Nicolo | accidentado -da | accidental | accidentalismo | accidentalista