Acción
Acción
[PUBLIC]
Revista relixiosa aparecida o 15 de abril de 1928 que cesou, o 31 de maio de 1930, no número 48. Foi subtitulada “Órgano de la Juventud Católica”. Fundada por Xosé Sesto López e dirixida por Xosé Muíños González, introducíronse nela artigos en galego de Losada Diéguez, poemas en galego de Xosé Mª Cabada, Casimiro Cubela e M. García García. Xunto a estes, textos en castelán de Antonio Rey Soto, Xoán B. Andrade, Xacobe Rey Porto e Xerardo Álvarez Limeses, entre outros. Ademais da creación literaria contiña información xeral da igrexa e opinións dende unha óptica conservadora.