Acción Sindical
Acción Sindical
Publicación de periodicidade irregular aparecida en Vigo en febreiro de 1984 e subtitulada “Boletín informativo de UGT Galicia”. Foi dirixida por Rubén Lobariñas Martínez. Atravesou dúas etapas, pois a partir de 1992 trasladou a súa redacción a Santiago e o seu director é Xoán Fontenla Fernández. Tamén na segunda, ademais do director, apareceron como redactores Enrique Teixeiro, Manuel Couce e Emilio Uriz, entre outros. Contiña as seccións: Editorial, Opinión, Entrevista, Actualidad, La Coruña, Ferrol, Pontevedra e Orense. Introducíanse nela novas sobre a reconversión industrial, negociacións de convenios colectivos, mercado de traballo e fomento do emprego, cooperativismo e estatuto dos traballadores.