accionalismo
accionalismo
(< acción)
s
m
[SOCIOL]
Doutrina sociolóxica que se interesa pola problemática da acción e do traballo. Contempla o traballo como unha actividade colectiva e considera que a acción non é só unha simple resposta a unha situación social, senón unha manifestación creativa e simbólica de dúas dimensións: o sistema de acción histórica e o sistema de relación de clase, que reflicten a capacidade da sociedade de actuar sobre si mesma co traballo. A. Touraine é un representante destacado desta doutrina.