accionariado
accionariado
(
-
s
m
[ECON]
Conxunto de accionistas.
-
accionariado obreiro
[DER]
Conxunto dos traballadores que participan na administración e na propiedade da empresa mediante a posesión de accións integrantes do capital. Constitúe unha das formas da coxestión de empresas e entra no que se denomina capitalismo popular. Foron as políticas neoliberais dos anos oitenta, desenvolvidas nos EE UU por R. Reagan e en Gran Bretaña por M. Thatcher, as que deron un sentido práctico e efectivo a este concepto económico.