Accium

Accium

Cidade antiga e promontorio do NL de Grecia, na Acarnania. Fronte ao promontorio, preto da illa de Leucada, tivo lugar a batalla de Accium (31 a C) entre a flota de Octavio e a de Marco Antonio e Cleopatra. Esta batalla foi o derradeiro episodio da loita polo poder entre Augusto e Marco Antonio. As naves de Cleopatra fuxiron; Marco Antonio foi derrotado e suicidouse, o que causou o famoso suicidio de Cleopatra cun áspide.