acelerante

acelerante

(

  1. s m [QUÍM]

    Substancia que acelera unha reacción química que, máis lentamente, se produce tamén de seu.

  2. s m [QUÍM/CONSTR]

    Substancia que acelera a forxa e o endurecemento (desenvolvemento da resistencia mecánica) do cemento e do formigón. Diversos sales inorgánicos actúan a xeito de acelerantes, pero o máis correntemente empregado é o cloruro de calcio.

  3. acelerante de vulcanización [QUÍM]

    Substancia que acelera a vulcanización do caucho, natural ou sintético, ou que permite vulcanizalo a unha temperatura máis baixa, o que reduce o tempo e o custo da fabricación e mellora o produto final.

  4. acelerante de revelado [IMAX]

    Substancia que aumenta a actividade dos reveladores.

  5. acelerante de tintura [TÉXT]

    Produto que incha as fibras acelerando ou facendo posible a tintura.

Palabras veciñas

acelerado -da | acelerador -ra | aceleramento | acelerante | acelerar | aceleratriz | acelerina