acelerante
acelerante
(
-
s
m
[QUÍM]
Substancia que acelera unha reacción química que, máis lentamente, se produce tamén de seu.
-
s
m
[QUÍM/CONSTR]
Substancia que acelera a forxa e o endurecemento (desenvolvemento da resistencia mecánica) do cemento e do formigón. Diversos sales inorgánicos actúan a xeito de acelerantes, pero o máis correntemente empregado é o cloruro de calcio.
-
acelerante de vulcanización
[QUÍM]
Substancia que acelera a vulcanización do caucho, natural ou sintético, ou que permite vulcanizalo a unha temperatura máis baixa, o que reduce o tempo e o custo da fabricación e mellora o produto final.
-
acelerante de revelado
[IMAX]
Substancia que aumenta a actividade dos reveladores.
-
acelerante de tintura
[TÉXT]
Produto que incha as fibras acelerando ou facendo posible a tintura.