acétere
acétere
(< ár as-saṭl‘vaso con asa’ < lat sitūla < gr σίτλα)
-
s
m
[ETN]
Caldeiro de pequeno tamaño empregado antano para quitar a auga do pozo.
Ex: Atopei un acétere soterrado no meu xardín.
-
s
m
[ETN]
Vaso de barro moi fino empregado para beber.
Ex: Gústame tomar o café con ese acétere que conserva tan ben a calor.
-
s
m
[RELIX]
Recipiente empregado nas igrexas para a auga bendita no que se introduce o hisopo para esparexer.
Ex: Caéulle o acétere ó sacerdote e o acólito recolleuno.
-
s
m
[ETN]
Almofía onde se lavan as mans.