acétere

acétere

(< ár as-saṭl‘vaso con asa’ < lat sitūla < gr σίτλα)

  1. s m [ETN]

    Caldeiro de pequeno tamaño empregado antano para quitar a auga do pozo.

    Ex: Atopei un acétere soterrado no meu xardín.

  2. s m [ETN]

    Vaso de barro moi fino empregado para beber.

    Ex: Gústame tomar o café con ese acétere que conserva tan ben a calor.

  3. s m [RELIX]

    Recipiente empregado nas igrexas para a auga bendita no que se introduce o hisopo para esparexer.

    Ex: Caéulle o acétere ó sacerdote e o acólito recolleuno.

  4. s m [ETN]

    Almofía onde se lavan as mans.

Palabras veciñas

acetanilida | acetato | acetazolamida | acétere | acético -ca | acetificación | acetificador