acético -ca

acético -ca

(< acet- + -icu ‘relación,referencia’)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao vinagre, que produce vinagre.

  2. adx [QUÍM]

    Pertencente ou relativo ao ácido acético ou aos produtos nos que deriva.

  3. ácido acético [QUÍM]

    Nome co que se coñece comunmente o ácido etanoico. Líquido incoloro de cheiro moi característico presente no vinagre. É o máis importante dos ácidos carboxílicos. Como ácido é de carácter feble. Os seus sales e ésteres denomínanse acetatos. A produción industrial está baseada na oxidación do acetaldehido polo osíxeno e a oxidación do hexano.

  4. ácido acético glacial [QUÍM]

    Ácido acético moi puro, dunha concentración mínima do 99,8%. Denomínase glacial porque é susceptible de cristalizar coa temperatura ordinaria do inverno (o ácido quimicamente puro conxélase a 16,6°C).

  5. aldehido acético [QUÍM]

    acetaldehido.

  6. anhídrido acético [QUÍM]

    Anhídrido do ácido acético. Quimicamente, o anhídrido acético é sobre todo un axente acilante e deshidratante. A produción industrial está baseada na oxidación por aire do acetaldehido e a reacción do ceteno co ácido acético glacial.

Palabras veciñas

acetato | acetazolamida | acétere | acético -ca | acetificación | acetificador | acetificar